domingo, 26 de abril de 2015

Premios recibidos no concurso "Un sello para Ourense"




Na cidade de Ourense, o 18 de marzo de 2015, no liceo de Ourense, reunido o xurado calificador do concurso de debuxo "Un sello para Ourense" decidiu, dada a calidade e a cantidade dos traballos recibidos, otorgar ademais dos premios recollidos nas bases dous accesits e outro premio para o mellor participante de cada colexio.

Dende o CEIP a Ponte queremos felicitar a Nadia Iglesias que conseguiu un Accesit dos dous que se otorgaron e a Irene Fernández que foi galardonada co premio de cada colexio participante.
Parabéns as dúas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario